AS COMPRAS EN BETANZOS TEÑEN PREMIO


16/10/2009 a las 17:59

AS COMPRAS EN BETANZOS TEÑEN PREMIO

A Federación Galega de Comercio en colaboración coa Dirección Xeral de Comercio, bota a andar unha campaña de animación ao consumo nas vilas galegas, que se desenvolverá baixo o lema "As compras na túa vila teñen premio".Trátase dunha iniciativa publicitaria-promocional novedosa, que se realizará entre os meses de outubro e decembro de 2009, co gallo de fomentalo consumo, incentivando a compra no comercio tradicional de vilas galegas. Neste ano, como proxecto piloto, a campaña desenvolverase en oito localidades, dúas por provincia, que serán: Betanzos, Noia, Sarria, Monforte, O Barco de Valdeorras, Verín, A Guarda e Salvaterra.Para o seu bo desenvolvemento, a Federación Galega de Comercio contará coa participación das respectivas Federacións Provinciais de Comercio e das asociacións representativas de cada localidade, así como dos comerciantes, que contarán con material informativo da campaña nos seus establecementos.Unha intensa campaña publicitaria nas emisoras locais de radio e promotores polas rúas, xunto cunha carpa situada nun lugar céntrico, serán os medios empregados para publicitar esta iniciativa, que repartirá 3.000 euros en premios en cada vila, distribuidos en 2 tarxetas regalo de 300 euros e 24 tarxetas regalo de 100 euros.Para iso, os consumidores que merquen durante as datas comprendidas na campaña en cada vila (véase calendario adxunto), deberán buscar aos promotores e presentar os seus tickets de compra, obtendo boletos de participación no sorteo, que se celebrará ó longo dunha gran festa de fin de campaña que terá lugar o último día de cada campaña, sempre coincidindo en sábado.Ese día, nunha gran carpa, terá lugar un completo programa de actividades de animación e música. Ás sete da tarde terá lugar o sorteo dos premios, no que deben estar presentes os posuidores dos boletos.O presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas, a Directora Xeral de Comercio, Nava Castro, así como os presidentes das Federacións Provinciais de Comercio e asociacións respectivas, acudirán a este sorteo para entregar os premios aos agraciados.

 

 

Que é a ACEBE CCA?

ACEBE CCA é a asociación dos comerciantes e empresarios de Betanzos, unha organización sectorial con máis de vintecinco anos de historia e integrada na rede de Centros Comerciais Abertos de Galicia.O concello de Betanzos é a base de actuación de ACEBE CCA, aínda que o seu mercado de influencia se estende por toda a comarca das Mariñas, abranguendo ata 10 concellos, nunha área xeográfica determinada pola proximidade das localidades limítrofes, a oferta de comercio, a difusión do xornal Betanzos e a súa comarca e, en xeral, polas accións comunicacionais efectuadas dende a asociación.A Asociación ofrece aos seus membros diversos servizos e vantaxes cara á súa promoción, formación e mellor comunicación. Ademais, esta unión comercial e empresarial permite ofrecerlle aos usuarios diversas promocións nos produtos e servizos que atoparán nos establecementos asociados.

 

 


Categoría: Noticias    Compra, Tocho, Acebe, premio, campaña.


Comentarios


Deja tu comentario:

Nombre »

E-mail »

Introduzca este código:

Comentario:


Captcha

*La publicación del comentario requiere la aprobación por parte del propietario del blog.