Este Nadal, comercio de Betanzos descúbreo e ilusiónate.


27/11/2009 a las 17:16
"ESTE NADAL, COMERCIO DE BETANZOS. DESCÚBREO E ILUSIÓNATE", A NOVA CAMPAÑA DA ASOCIACIÓN DE COMERCIANTES E EMPRESARIOS DE BETANZOS A nova Campaña de nadal 09-10 de ACEBE.CCA desenvolverase dende o 1 ó 31 de decembro de 2009, período no que os comercios e empresas asociadas comezarán o reparto de boletos entre os seus clientes, uns boletos cos que automaticamente entrarán no sorteo dun soldo de 500 euros ao mes durante seis meses, unha cifra que o gañador poderá trocar nos preto de 250 establecementos asociados. O sorteo do premio realizarase o 7 de xaneiro de 2010 ante notario. Extraerase un número gañador e tres reservas que se publicarán ese mesmo día na páxina web www.comerciodebetanzos.com e no número de xaneiro de "Betanzos e a súa comarca". O afortunado e os reservas deberán poñerse en contacto coa ACEBE.CCA través do número de teléfono 981774574 nun prazo máximo de 15 días desde a data do sorteo. A campaña conta co apoio da Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña, o Concello de Betanzos, a Federación Galega de Comercio e Caixanova.

Categoría: Noticias    Tocho, Betanzos.


Comentarios


Deja tu comentario:

Nombre »

E-mail »

Introduzca este código:

Comentario:


Captcha

*La publicación del comentario requiere la aprobación por parte del propietario del blog.